Inicio > Servizos > Transporte

Durante os últimos anos, a Xunta de Galicia e Retegal, realizaron grandes esforzos para a implantación dunha rede de transporte composta por radioenlaces dixitais de última xeración e fibras ópticas equipadas coa tecnoloxía DWDM, que permite a Retegal ofrecer un amplo catálogo de servizos de transporte de sinais de audio, vídeo ou datos.

RETEGAL presta servizos de conectividade en calidade de operador neutro a outros operadores privados, así como servizos de transporte á propia Administración Autonómica en réxime de autoprestación.

RETEGAL dispón de accións continuas destinadas a mellorar a capilaridade, capacidade, integridade e robustez das súas redes DWDM, MPLS e de RADIOENLACES para a prestación dun servizo, cada vez de maior calidade, aos seus clientes e potenciais clientes.

Se precisas de servizos de capacidade, non o dubides, contáctanos.

Ligazóns de interese