Inicio > rsc > Grupos de interese

“Os grupos de interese ou stakeholders son persoas ou grupos de persoas que teñen impacto ou ven afectados polas actividades, produtos ou servizos dunha organización”.

No contexto no que prestamos os nosos servizos, a identificación das expectativas e demandas dos nosos grupos de interese, e a posterior integración na nosa estratexia, é esencial para alcanzar un posicionamento socialmente responsable.

Desta forma, valores como a transparencia, a comunicación fluída e o diálogo continuo deben ser a base do noso modelo de xestión presente e futuro.

En RETEGAL aliñamos as necesidades e requirimentos dos nosos grupos de interese co noso modelo de xestión a través de canles efectivas que favorezan a comunicación con todos eles.

¿Quen son estes grupos de interese?

Os grupos de interese con un impacto significativo na nosa organización son fundamentalmente:

Accionistas

A Xunta de Galicia constitúese como o socio único da sociedade. A organización, funcionamento e competencias da Xunta Xeral de Accionistas atópanse recollidos na Sección Primeira do Título III dos Estatutos de RETEGAL, que regula o seu réxime de administración.

AMTEGA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita a Presidencia da Xunta de Galicia, ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta no campo das tecnoloxías da información e comunicacións e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. En virtude do disposto no artigo 21 do Decreto da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e apróbanse os seus estatutos, Retegal queda adscrita á  Amtega, a través da área de Infraestruturas e Telecomunicacións.

Consello de Administración

A Sección Segunda do Título III dos Estatutos regula a organización, funcionamento e competencias do Consello de Administración.

Secretaría Xeral de Medios

De acordo co artigo 3 do Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaria Xeral de Medios é o órgano superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia encargado de executar a política xeral da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación social, correspondéndolle o exercicio, entre outras, das funcións de dotación de infraestruturas no ámbito da comunicación e a implantación de redes propias de comunicación audiovisual e televisiva para a prestación de servizos que sexan competencia da comunidade autónoma, de acordo co establecido na Lei 7/2010, de comunicación audiovisual.

Sector Público Autonómico

RETEGAL é unha das entidades incluídas no Catálogo de medios e prestacións susceptible de autoprovisión, que recolle entre os servizos ou prestacións obxecto de autoprovisión os servizos de investimento e mantemento en telecomunicacións prestados por RETEGAL.

Organismos reguladores

Prestamos especial atención a toda a normativa e regulación de ámbito nacional, comunitario e internacional en todas aquelas materias que afectan á nosa actividade.

Administracións Públicas

Non podemos obviar as nosas relacións co resto das administracións públicas.

Traballadores

Os nosos traballadores constitúen un grupo de interese crave. A disposición de políticas activas que motiven a súa implicación e proxección profesional son un aspecto fundamental para alcanzar con éxito os obxectivos estratéxicos da sociedade.cesidades é un aspecto fundamental para poder despregar, con éxito, os obxectivos estratéxicos da sociedade.

Clientes

Como operador de telecomunicacións orientamos a nosa vocación de servizo á satisfacción dos nosos clientes.

Provedores

Dos nosos provedores depende en gran medida o cumprimento dos compromisos de servizo adquiridos por RETEGAL. A selección dos nosos provedores está directamente ligada á normativa de contratación pública. En coherencia co noso modelo de xestión, estendemos os requirimentos e compromisos en materia social, laboral, ética, de seguridade e saúde laboral, calidade e medio ambiente a todos eles.

Universidades

Como sociedade pública comprometida coa investigación, o desenvolvemento e a innovación participamos en proxectos de I+D+i con diferentes centros de investigación e universidades.

Representantes dos traballadores

Os representantes legais dos traballadores actúan como interlocutores lexítimos entre a empresa e estes últimos. Cos Delegados de Persoal mantemos comunicación aberta e fluída.