Inicio > Presentación da empresa > Información corporativa

RETEGAL é a sociedade mercantil 100% pública da Xunta de Galicia que ten por obxecto tanto a planificación, instalación, xestión, mantemento e explotación de infraestruturas, sistemas e servizos de telecomunicacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, como a elaboración de propostas, análises e estudos relacionados coas telecomunicacións.

En particular, constitúen parte do obxecto social de RETEGAL a promoción, planificación, deseño, construción, conservación, mantemento, dotación de equipamento e explotación, por si mesma ou mediante terceiros de toda clase de infraestruturas e servizos de telecomunicacións, vinculadas ao ámbito das telecomunicacións. Tamén a prestación de actividades de consultaría en materia de avaliación, planificación, promoción, adquisición, organización, mantemento, formación, xestión, investigación, control de calidade, e en xeral, calquera materia relacionada co sector das telecomunicacións, especialmente no eido da tecnoloxía das telecomunicacións.

Así mesmo, a sociedade ten a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus organismos autónomos no concernente á realización das actividades propias do seu obxecto social.

Ligazóns de interese