Retegal
Published on Retegal (https://www.retegal.gal)


Innovación

Desde a nosa constitución, mantivemos un papel activo na investigación, desenvolvemento e innovación das TIC, faceta que se quere reforzar formulando como obxectivo estratéxico da entidade, a participación na acción innovadora dos axentes públicos e privados de Galicia no campo das telecomunicacións.

Actualmente:

  • Por convenio entre Retegal e o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais ( SPDCIF), estamos a realizar proxectos piloto para a análise de diferentes tecnoloxías da área TIC á detección temperá de incendios.
  • Estamos a participar con AMTEGA, a Universidade de Vigo, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ( SXCAA) e o Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera ( IPMA), no proxecto LIFETEC (“ Fighting Forest Fires Using Electronic Communication Technologies”), concedido pola Comisión Europea e pertencente ao seu programa de proxectos da convocatoria LIFE 2016, para a detección temperá de incendios forestais utilizando tecnoloxías de comunicación electrónica.
Enlaces de interés: 
Proxecto LifeTEC

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.

Footer menú

  • Aviso legal
  • Mapa do portal

URL fonte: https://www.retegal.gal/gl/servizos/innovacion