Inicio > Transparencia e goberno aberto > Programas Operativos > Plan Banda Larga - FEDER 2007-2013 "Unha maneira de facer Europa"

As actuacións correspondentes ás anualidades 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015 estiveron parcialmente confinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Plan Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Así mesmo, é obrigatorio dar axeitada publicidade da orixe do financiamento público recibido en todas as actuacións que se deriven da execución do Proxecto. De conformidad eco establecido no Regulamento (CE) 1828/2006 (DOUE 15.2.2007), nas publicacións, actividades de difusión, páxinas Web e, en Xeral, en toda información ou publicidade que se efectúe das actuacións derivadas, deberase facer constar que os mesmos están subvencionados pola Xunta de Galicia no marco do Plan Director de Banda Ancha aprobado polo Consello da Xunta de Galicia en data 18 de febreiro de 2010, e tamén cofinanciados pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A Consellería de Facenda dispón na súa web unha guía de publicidade que poderá ser usada para estos efectos.

A encomenda de xestión á sociedade RETAGAL ten por obxecto a execución dun programa de inversións para o desenvolvemento das redes troncales e infraestruturas públicas necesarias para garantir a existencia da banda larga en Galicia segundo o Plan de Banda Larga 2010-2013 aprobado nesta Comunidade Autónoma, así como a xestión e mantemento das infraestruturas e redes resultantes.

Eixo 1 - “Desenvolvemento da Economía do Coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TIC)”
Tema Prioritario 10 - “Infraestructuras Telefónicas”
Actuación (1.10.4) - “Infraestructuras de Telecomunicacións”

Ligazóns de interese