Inicio >  Cexar >  Cexar

Cexar

Cexar

O Centro de Xestión e Atención de Rede (CEXAR) é o centro de control da rede de telecomunicacións xestionada por Retegal.
Neste senso, o centro presenta unha tripla vertente ao incorporar:

  • A xestión das actividades técnicas e de resolución de incidencias propias de calquera centro destas características.
  • Un servizo de atención continuada e permanente  durante as 24 horas, os 365 días do ano, facilitando informes particularizados aos seus clientes dos niveis de calidade técnica ou indispoñibilidades acadadas no transporte e difusión dos sinais.
  • Un sistema de información ao usuario, ao través dun teléfono, tamén de prestación continuada  24x7, no que se facilitan os datos, en relación coas calidades da recepción dos sinais, en cada punto da Comunidade Autónoma, niveis de cobertura das canles de televisión ou calquera outro en relación aos servizos que presta na Comunidade Autónoma.

O edificio deste centro ten incorporada a torre de sinais de San Marcos, de 58 metros de altura.
Dende a súa creación, estase a traballar permanentemente coa finalidade de dotalo da tecnoloxía e equipamento de vangarda, máis axeitados para a prestación duns servizos eficaces e de calidade, para o que conta cunha Sala de Control dotada das últimas tecnoloxías en monitorización e xestión de rede e, ao seu carón, sitúase unha Sala de Crise, dotada da infraestrutura necesaria. Ademais, disponse dun Laboratorio de grande funcionalidade práctica para a realización das probas de medición e calibración dos equipos.

Powered by Drupal, an open source content management system
imagen
© Xunta de Galicia Aviso Legal | Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 35B, 3º C-D. 15707 - Santiago de Compostela
Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds
imagen